sábado, 4 de febreiro de 2017

HOXE A PLATAFORMA DE A CORUÑA DAS MMdD PRESENTAMOS NO CONCELLO MOCION A PROL DA MOBILIZACIÓN CONVOCADA POLAS MARCHAS DA DIGNIDADE NA NOSA CIDADE O 25 DE FEBREIRO EN DEFENSA DAS PENSIONS E DO PÚBLICO.

Onte entregamos a moción acordada na asemblea en Compostela do pasado martes. A moción a vai presentar a Marea Atlántica no pleno do luns, día  6, que comenzará ás 17.00 e transmitirase por streaming en directo.
Recolleu o documento en representación do Grupo Municipal a Concelleira de Igualdade e Diversidade Rocío Fraga Rizlinha, quen fará a defensa da moción no pleno.
Este é o texto da moción entregada:
"As Marchas da Dignidade somos un movemento social que en Galicia aglutina no seu seo a máis de sesenta organizacións e colectivos sindicais, culturais, sociais e políticos do País. As MMdD levamos máis de tres anos mobilizándonos na rúa para esixir o remate das políticas que agreden á maioría social golpeada pola chamada crise.
As MMdD diríxense ao grupo Municipal da Marea Atlántica para presentar esta moción no Pleno Municipal coa intención da súa aprobación previa deliberación.

Exposición de motivos:
Esta corporación municipal é consciente da situación dramática que están a padecer as persoas maiores que dependen dunha pensión para poder vivir despois de toda unha vida de traballo. Dada a situación dramática de moitas familias, a pensión é o único sustento que teñen para poder sobrevivir cunhas mínimas condicións, e estamos vendo como se poñen en perigo con medidas impostas desde organismos antidemocrático como o FMI eo Banco Mundial a través da Troika Europea. Nas Marchas da Dignidade pensamos que estas medidas teñen como obxectivo favorecer ás entidades que ofrecen plans de pensións privados, e queremos recordar que as pensións non son privilexios, son dereitos irrenunciables.
Por este motivo, e pola situación actual, convocamos unha manifestación o día 25 de febreiro na Coruña co tema central da defensa das pensións, e coas nosas reivindicacións habituais resumidas en pan, traballo e teito.

Proposta de acordo:
Esta corporación municipal apoia a mobilización convocada polas Marchas da Dignidade prevista para o próximo día 25 de febreiro na Coruña e fai un chamamento aos veciños e veciñas deste concello a participar na mesma"


Ningún comentario:

Publicar un comentario