martes, 30 de maio de 2017

QUE SÍ, QUE SÍ,… O 27M ESTIVEMOS EN MADRID.

O pasado 27 de maio, unha vez máis, as MMdD demostramos que seguimos vivas…, “e coleando”.  Unha magoa que o contador gubernamental se parara en seis mil por que, uns centos de miles de homes e mulleres con dignidade procedentes das distintas nacións e territorios do estado español xunto co pobo concienciado de Madrid, volvemos a ateigar as rúas da capital.
Grazas a todos e a todas as que vos mobilizastes, ás persoas dignas do tren, ás dos autobuses e as que viaxaron en decenas de coches particulares. Grazas, mil, tamén a todas as que co seu esforzo e traballo fixeron grande e digna esta mobilización e os milleiros de galegas e galegos na “diáspora madrileña” que ca súa presenza contribuiron a facer unha fermosa  e reivindicativa columna galega dentro do BLOQUE SOLIDARIEDADE.
VIDEO MOBILIZACIÓN COLUMNA GALEGA O 27M - 12 min. (0 a 11:42)
VIDEO ACTO FINAL LECTURA COMUNICADO 27M  - 22min. (11:42 a 33:24)

Ben as claras quedou que as MMdD seguen a ser, para milleiros de persoas  rebeldes, a referencia da mobilización real, a referencia posible da unidade obreira e popular na rúa. A xuntanza de lumes onde temos cabida todas e todos, sempre que sexa para construir e atizar a loita e non para poñerse cada seis meses diante dunha faixa para una foto calisqueira ou para parasitar este movemento de movementos.
Non podemos obviar nesta breve crónica da participación galega no 27M o antedito, porque é pública, notoria e descarada a pretensión de distintos espectros da política e do sindicalismo, non so do réxime, de dar por finiquitadas e liquidar as Marchas da Dignidade,  ou mesmo de sectores con minúscula representación, rémoras -cando non “parásitos”- que embutidos nun pelexo nostálxico e atemporal pretenden esterilizar o traballo de masas con políticas sectarias e verborreicas. Nese sentido as MMdD teremos e deberemos de dar o debate de clarificación para atinar máis e millor no futuro.
Efectivamente Madrid encheuse de rebeldía, dicíndolle “NON ÁS POLÍTICAS DA TROIKA”, dicíndolle ó PP “QUE SE VAIAN…”, porque rexeitamos que "CORRUPTOS" gobernen as nosas vidas. Dixémoslle ó PSOE e ó PP “QUE NON QUEREMOS REFORMAS LABORAIS”, nin a dos primeiros nin a dos segundos, dixémolle ós partidos do Réxime que “BASTA XA! DE REPRESIÓN”, que hai que abolir tanto a Lei Mordaza como a Lei Corcuera, e que "NOS QUEREMOS VIVAS...", entre outras moitas consignas.

As Marchas da Dignidade, a pesares do boicot activo, tanto na Galiza como no Estado Español, de determinados espectros da “pseudoesquerda”, segue a ser a referencia da mobilización e nestes termos abordaremos a vindeira Asemblea Estatal que terá lugar en Barcelona o vindeiro día 17 de xuño.

Imosss!!!!,  Seguímos!!!.
Avante toda, 
cas Marchas da Dignidade.


venres, 26 de maio de 2017

INFORMACION DE INTERÉS E RECOMENDACIONS DA ORGANIZACION PARA O TREN GALEGO DA DIGNIDADE

DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO EN PDF
https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSYjNjbERyWkVLMVk/view?usp=sharing

PLANOS INFORMATIVOS REDE METRO E CERCANIAS MADRID ORIENTATIVOS PARA A MOBILIDADE DA COLUMNA GALEGA NA MANIFESTACION DO 27M

Información Cercanías Madrid

Información Metro
 

RUTA, HORARIOS E PERCORRIDOS DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NA MOBILIZACION DO 27 M


POR TODAS AS LOITAS, O 27M VOLVEMOS A MADRID. #27MTomamosMadrid

Plano global da mobilización do27M.
Percorrido das seis columnas marchando sobre Madrid e da Manifestación conxunta Neptuno - Gran Vía


BLOQUE LIBERDADE
Columnas de Andalucía, Castela a Mancha e Madrid Sur:
Orcasitas 12:00h >>>>>> Neptuno 16:30h.

BLOQUE SOLIDARIEDADE
Columna Galega, Asturies, Cantabria, Euskal Herria, Nafarroa, A Rioja , Castela León e Madrid Norte
Novos Ministerios 15:00h >>>>>> Neptuno 16:30h.

BLOQUE UNIDADE
Columna Extremadura, Castela a Mancha e Madrid Oeste
Aluche 14:00h >>>>>> Neptuno 16:30h.

BLOQUE IGUALDADE
Columna Catalunya, País Valenciá, Murcia, Aragón, Castela a Mancha e Madrid Este
Vallekas 12:00h >>>>>> Neptuno 16:30h.

BLOQUE COMBATIVO
Porta de Alcalá 16:00h.

BLOQUE PENSIONISTAS E MEMORIA HISTÓRICA
Porta do Sol 16:00h.


martes, 16 de maio de 2017

INFORMACIÓN SOBRE OS PERCORRIDOS DA COLUMNA GALEGA POLAS RÚAS DE MADRID O 27M “RUADA POR MADRID”. ……PUNTO DE ENCONTRO: “NOVOS MINISTERIOS” AS TRES DA TARDE. ALÍ SUMAREMOS CAS GALEGAS E OS GALEGOS QUE XA ESTÁN EN MADRID.!!!! Imosssss!!!!

Velaiquí a planificación dos percorridos que faremos a Columna Galega o 27M polas rúas de Madrid. A NOSA “RUADA POLA CAPITAL” para reclamar, e facernos escoitar en Galego: PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE.
 
A chegada prevista no tren Galego da Dignidade a Chamartin é as 13;45h. Faremos un transbordo programado a un tren de proximidade que nos deixará na estación de Novos Ministerios entre as 14:00 e as 14;15 con tempo dabondo para comer o bocata e lecer un pedazo.
En Novos Ministerios as 15:00h. , xunto con todas as galegas e galegos que xa están ou se acheguen ese día a Madrid, sumarémonos como Columna Galega ás columnas de Asturies, Cantabria, Euskadi, Navarra e Castela-León para conformar o que se denominará por acordo do grupo de organización BLOQUE SOLIDARIEDADE para facer o seguinte percorrido.
O resto de Bloques cos que texeremos  un manto de Dignidade polas rúas de Madrid serán:
ANDALUCIA.....Saída de Orcasitas as 12:00
conformará o BLOQUE UNIDADE 
CATALUNYA-LEVANTE.... Saída de Vallekas (Pza Roxa) as 12:00h.
formarán o BLOQUE LIBERDADE
EXTREMADURA-CASTELA A MANCHA...Saída de Alulche as 14:00h.
formará o BLOQUE IGUALDADE 
BLOQUE SINDICAL: saída da rúa Alcalá as 16:00
BLOQUE PENSIONISTAS E MEMORIA saída da Pta do Sol as 16:00

Dende distintos puntos estratexicamente organizados confluiremos en torno ás  17:00h na Praza de Neptuno para iniciar o percorrido da manifestación:  
NEPTUNO-GRAN VÍA.
A manifestación ten prevista a saída as 17:00 da Praza de Neptuno para rematar no final da Gran vía, cara as 19:30 donde estará o escenario e celebraremos o acto de peche.
Para o retorno no tren, fixamos o punto de encontró na estación de Chamartin as 21.00 horas que ten prevista a saída ás 22:00h.
Iste é o mapa do percorrido da MANIFESTACIÓN do 27M  NEPTUNO-GRAN VÍA.

SEGUIMOS RECOLLENDO RESERVAS DE PLAZA, ATE O DÍA 20, PARA O TREN GALEGO DA DIGNIDADE........... ONTE, NAS TRAVESAS EN VIGO, MESA INFORMATIVA E REPARTO DE OCTAVILLAS, CHAPAS E CAMISETAS. QUE SÍ, QUE SÍ, QUE SÍ…..O 27M IMOS A MADRID.

Onte cumplindo os acordos acadados na Coordinadora local e comarcal de Vigo celebrada a semana pasada, un grupo de compañeiras e compañeiros estiveron a pe de rua, nas Travesas (Praza América), repartindo información e sumando reservas para o tren, a máis de recoller apoios económicos ca venda de camisetas e chapas.
As compañeiras do Sindicato SAGAP ofreceron as viandantes a posibilidade de tomarse de forma gratuita, ou con aportación voluntaria para sumar a caixa común, a tensión arterial cuestión que foi moi ben aceptada por parte das viguesas e vigueses que transitaban pola zona.
De novo repetiremos esta fórmula o vindeiro xoves, día 18, as 19:30 horas na rúa do Principe, fronte ó Marco coincidindo ca concentración dos pensionistas e o venres, día 19, tamén as 19:30h. na zona peatonal do Calvario.





SÚMATE Ó TREN DA DIGNIDADE
QUE SÍ,  QUE SÍ , QUE SÍ,  QUE O 27M IMOS A MADRID
O tren galego da Dignidade 
esTA en marcha.
PAN, TRABALLO, TEITO 
E IGUALDADE.

xoves, 11 de maio de 2017

RESERVA A TÚA PRAZA NO TREN GALEGO DA DIGNIDADE SI TES DECIDIDO IR, NON DEMORES, AS PRAZAS NO TREN SON LIMITADAS.

O vindeiro sábado 27 de maio as galegas e os galegos con conciencia e dignidade volvemos a Madrid para formar unha "columna" de fala galega, e para que os gobernos, títeres e corruptos, escoiten como berramos alto e craro en Madrid: PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE.
Dous trenes alugados a RENFE sairán do norte e do sur as 7:30 da mañán do sábado para estar de volta na casa na madrugada do domingo, sobre as 3:30, con tempo para descansar e disfrutar do domingo ca sastisfación de poder decir:Eu tamén estiven acolá...”
prezo de ida e volta é de 50€
Non demores a reserva da túa praza. Son limitadas. 

Contacta connosco nos teléfonos:
Morrazo 986.392.003
Vigo  986.220.639 / 661.402.977
Pontevedra 627.791.645 
Ourense  661.402.977
A Coruña/Ferrol  654 629 190 696 903 890
PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE. 
CORRUPCIÓN NUNCA MÁIS, 
Que se vaian xa!!!


venres, 5 de maio de 2017

PERCORRIDO, HORARIOS E RESERVAS DE PRAZA NO TREN GALEGO DA DIGNIDADE 27M: O TREN GALEGO DA DIGNIDADE ESTÁ EN MARCHA.

Dúas composicións de tren Alvia 730  (o mesmo material ferroviario do 2014) partirán da Galiza para berrar, EN GALEGO, polas rúas de Madrid, 
PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE. 
CORRUPCIÓN NUNCA MÁIS, Que se vaian xa!!!

PERCORRIDOS E HORARIOS:


Sairá un tren con 260 plazas da Coruña as 7:30h. da mañán do sábado 27, con parada en Compostela as 8:00h. Nesta composición cubriránse as plazas cas comarcas da Coruña, Ferrol, Barbanza, Fisterra, Compostela, A Estrada. etc..
Das Comarcas de Vigo, Pontevedra, O Morrazo, etc… sairán autobuses as 7:30h con destino Ourense para cubrir outras 260 plazas xunto cas reservas de Ourense e comarca.
En Ourense uniranse as dúas ramas de tren e, con 520 plazas, partiremos cara Chamartín as 9:00h.  tendo prevista a chegada as 14:00., con tempo suficiente para un refrigerio e comer algo antes da manifestación que empezará as 17:00h facendo o percorrido de NEPTUNO ate a PRAZA DE ESPAÑA.
O retorno o faremos dende Chamartin as 22:00h.  con chegada prevista a Ourense sobre as 02;45h.. O tren continuará cara Compostela (03.30h) e chegará a Coruña  sobre as (04:00h) da mañan do domingo. A volta para as Comarcas do Sur farémola nos autobuses que estarán disponibles as 02:45h na estación de Ourense para rematar a viaxe támén sobre as 04:00h do domingo. 
Os horarios dependendo da malla de circulación que nos faciliten Renfe e ADIF poden verse alterados algunos minutos. Cando sexa definitivo daremoslle a publicidade oportuna.

PREZO DO BILLETE IDA E VOLTA:
O prezo dos billetes ida e volta de orixen a destino son 50€

RESERVAS: 
Nº de conta da Columna Galega para ingresar (Caixa Rural):
IBAN ES6130700044556129474927
Establecemos 4 teléfonos de contacto donde se coordinarán as reservas de plaza dependendo de si son para o tren do Sur ou do Norte, a máis do formulario on-line que xa temos publicado hai uns días. https://goo.gl/forms/twgTLf6f4VvCPlZ43,  donde xa temos algunas reservas feitas.
INFORMACIÓN E CONTACTOS 
PARA A RESERVA DE PRAZAS.
Lugar de Acceso:
Persoa de Contacto 
TREN NORTE. 
Comarcas de: Coruña, Compostela, Ferrol, Barbanza, A Estrada, Lugo A Mariña, etc..
SANTIAGO LAMELO (FC-SM)
654 629 190
ANGEL VALLADARES (CGT)
696 903 890
TREN SUR.
Comarcas de: Vigo, Pontevedra, O Morrazo, Arousa etc.. +  Reservas das Comarcas de Ourense,
MARUCHI (CUT)
986 392 003
JC COSTOYA (SF-Intersindical)
661 402 977
As reservas faránse aportando o xustificante de ingreso no número de conta da Columna Galega.
O pago do tren a Renfe temos que efectuálo o día 20 e iranse reservando as prazas por orden de solicitude ate cubrir as 520 dispoñibles.
As persoas que teñan pensado viaxar que non demoren a reserva de plaza. As presas de última hora son malas compañeiras de viaxe e pode ser frustrante quedarse sin plaza por non reservar a tempo.
En Canto se completen as prazas do tren poñeranse a disposición autobuses ate Madrid ao prezo de 30€ ida e volta a Madrid.

MERCHANDISE 27M. FINANCIACION PARA O TREN DA DIGNIDADE DA COLUMNA GALEGA. O 27 DE MAIO IMOS A MADRID POLO PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE.

Unha vez confirmado e firmado o contrato do tren galego da Dignidade con RENFE, poñémonos en marcha xa para encher asiña, as 520 plazas, e financialo.
O prezo do billete ida e volta esta vez son 50€ (a viaxe no 2014 costounos a 45€) e ainda enchendo o tren non cubre o custe total polo que temos que facer un esforzo financiero importante: Primeiro que todas as organizacions poñan  ó día as cuotas acordadas na Asemblea de Teo e segundo votandolle imaxinación en cada comarca para recadar fondos.
En breve publicaremos a loxística da viaxe, e os contactos e lugares donde reservar plaza nas distintas comarcas. 

De momento xa temos publicado un formulario on-line para apuntarse que vai vento en popa.  
https://goo.gl/forms/twgTLf6f4VvCPlZ43.

   Velaiquí o merchandise disponible para 27M







Camiseta da Columna Galega   
5€ (prezo de venta)
Reserva no teléfono da CUT:  986 392 003



Chapa da 
Columna Galega
1€ (prezo de venta) 
Reserva no teléfono do SF-Intersindical:  661 402 977